A Unidade Pastoral de Lalín prepara o centenario do templo

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

LALÍN

MARCOS MÍGUEZ

A igrexa de As Dores foi inaugurada o 19 de marzo de 1919

03 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Cos primeiros días deste recén estreado ano 2018 comeza a preparación da que será unha das efemérides máis importantes para a Unidade Pastoral de Lalín Centro e fieis: a celebración do centenario do templo. A inauguración da igrexa de As Dores data do 19 de marzo do ano 1919, polo que o día da festividade de San Xosé do vindeiro ano «será cando se cumpran os cen anos da igrexa e niso estamos a traballar», asegurou o párroco Marcos Torres. A intención da Unidade Pastoral de Lalín Centro é desenvolver actividades diversas ao longo dos doce meses do próximo ano para deixar constancia da relevancia «dun edificio que ten moita importancia para os fregueses pero tamén para o pobo en xeral». Da solemnidade e trascendencia que se lle pretende dar a este centenario está o feito de traballar dende agora na preparación de dito acontecemento.

Por outra banda a Unidade Pastoral de Lalín ten previsto poñer en práctica os resultados acadados nas enquisas realizadas recentemente sobre horarios de misas y celebración de exequias fúnebres en domingos. «O que saiu da consulta aplicarase. Coas misas comezaremos cos cambios en marzo e tamén imos tomar unha decisión firme nos enterros en domingos». Enquisas nas que un 81 % dos participantes apostaron por exequias en domingos e celebración de misas de luns a sábado en horario de 10 e 20 horas e domingos ás 10, 12 e 20 horas.