El gobierno lalinense valora organizar los festejos patronales del año 2018

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Rocío Ramos

La comisión de As Dores inicia la recogida de rifas ante el próximo sorteo del escaparate

20 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Los festivos locales en Lalín de cara al próximo año 2018 no sufrirán variaciones y se mantendrán, como viene siendo ya tradicional, el lunes y martes de las fiestas patronales. Un debate que no está abierto, según apuntó el alcalde Rafael Cuíña en los micrófonos de Radio Voz. «A maioría dos veciños queren que se manteñan así os festivos locais e creo que non é preciso abrir ningún debate. Falouse do luns despois da Feira do Cocido pero a maioría prefire mantelos como están».

Donde se podrían dar cambios de cara al próximo ejercicio es en la organización de los festejos patronales de As Dores, a finales de septiembre. El gobierno local podría asumir dicha competencia, según anunció Rafael Cuíña. Una decisión que no está todavía tomada, sentenció el regidor, pero que planea como una opción que cobra fuerza entre los miembros del gobierno local. «É certo que estamos valorando esa posibilidade pero non digo que a vaiamos facer. Insisto que será unha cuestión que se valorará. A actual comisión creo que deixou claro que non continuará e estamos pensando na posibilidade de organizar as festas dende o goberno para o ano que ven», apuntó Cuíña.

Mientras, la comisión de fiestas comenzó ayer la recogida de cartones y rifas de cara al posterior sorteo del gran escaparate, valorado en 25.000 euros, y que se sorteará el próximo domingo.

«A acuarela coa igrexa parroquial é unha volta a orixe relixiosa das festas»

A comisión organizadora das Dores quixo deixar en mans dun artista local a elaboración do cartel anunciador dos festexos deste ano. Sé Senande foi a encargada da súa elaboración.

-Pedínronmo e eu encantada de colaborar. Xa saben que non sei dicir que non (risas). Penso que é unha idea marabillosa.

-¿Liberdade total para plasmar o que quixera?

-Totalmente. Houbo unha liberdade absoluta para facer o cartel pero unha vez que mo pediron xa tiña unha idea moi clara.

-A igrexa de Lalín é a protagonista deste cartel, ¿por que?

-O da igrexa veu polo feito de que estou facendo postais con referencias a monumentos históricos, e xa fixen varias da contorna. Logo a idea veu polo feito de que escoitei noutros anos na voz dos veciños dicir que estas festas se estaban apartando do que era a súa orixe; que era a relixiosa. Entón esta acuarela coa igrexa parroquial é unha volta a orixe relixiosa das festas. Penso que é un monumento fermoso pero que como o vemos habitualmente non lle prestamos moita atención. Ao igual que na Peregrina ou o Apostolo se lle dá protagonismos aos monumentos penso que nós tamén o debemos de facer coa nosa igrexa que é preciosa. Certo que lle din un aire moderno, aportei o meu estilo pero a xente parece que lle gustou xa que me están felicitando.

-¿Non dubidou en escoller outro monumento?

-Non. Non tiven dúbidas á hora de escoller o monumento.

-Abre a lista de artistas encargados de elaborar un cartel anunciador de As Dores.

-Non sei se Paío nalgunha ocasión faría algo para as festas patronais... O que creo é que a idea debería de manterse no tempo, hai artistas a moreas, e moi bos, e sería unha forma de promoción.

-Continúa coa elaboración de postais, ¿a do Mosteiro de Camanzo a piques de rematarse?

-A miña intención é ampliar as postais a todos os concellos da comarca. É un traballo que me está permitindo coñecer tamén sitios que non coñecía como foi a igrexa de San Pedro de Dozón e agora estou coa postal do Mosteiro de Camanzo que espero rematar axiña xa que me dixeron que eran alí as festas o domingo e será un agasallo para os veciños.

-Monumentos que visita in situ para logo pintalos?

-Algúns vou a fotografalos e outros mándanme fotos xente que colabora conmigo. Ao final tentarei facer unha exposición con todos os traballos.