Unha reclamación surrealista ante o Sergas

José Manuel Rey Rey

LALÍN

30 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Opasado 11 de abril acudín coa miña filla á consulta de Psiquiatría do Centro de Saúde de Lalín. As tres longas horas de espera (tiñamos vez para as 10:15 e chamáronnos ás 13:15) non foron nada comparado co trato que recibimos na consulta, cunha especialista que tratou dunha forma tan brusca á paciente ?con discapacidade intelectual- que fixo que ésta tratara incluso de escapar ata en dúas ocasións.

Tal situación motivou ?faltaría máis- que ese mesmo día presentara unha reclamación ante o Sergas na que se recollían detalles dunha atención que non foi para nada correcta.

Pero aínda quedaban máis sorpresas desagradables. Pouco despois, ao solicitar unha nova cita de Psiquiatría vexo con estupor que me volven a dar cita coa mesma doutora. A resposta foi, se cabe, tan surrealista como o mal momento que nos fixeron pasar. Porque resulta que na reclamación interposta non solicitamos cambio de médico.