«Viáxase mellor con pouco. Todo o que non é imprescindible é lastre»

Se por gusto fora cruzaría África en moto pero de pronto a meta é Colombia e antes mostrará fotos no Círculo de Recreo


lalín / la voz

Baixo o título de «As cribles viaxes de Pitu Fog. Outra visión de Latinoamérica» no segundo andar do Círculo de Recreo de Lalín aperturarase este sábado ás 16.30 horas unha mostra fotográfica do lalinense Luis Iglesias.

-Unha exposición que recompila anos de viaxes?

-Sempre quixen sacar certo material destes dez anos de viaxes e a exposición xurde máis que nada polo ánimo da xente que me rodea e que me anima a facela. O gusto de ver o papel impreso, en grande, tamén foi un aliciente.

-Cantos países visitou ata a data?

-Non teño a conta exacta. Uns 28 penso. Hai xente que vive na carretera e podes facelo se as túas responsabilidades están estables na túa ausencia.

-En que momento comezou ese interese polas viaxes?

-Dende os 20 aos 35 anos desempeñei diversos traballos en Galicia pero nunca desperdiciei unha ocasión de viaxar. Era dos que en fin de semana collía a moto sin rumbo e aparecía o luns para traballar pero o punto de partida destas viaxes longas se deu no ano 2007. As primeiras fíxennas por amor e, unha vez que se empeza, creo que xa non se pode parar. Saír da zona de confort iso é o que supón viaxar.

-Desprazamentos que o levaron fundamentalmente por Latinoamérica.

-En Honduras estiven tres anos e pico e logo xurdiu unha ocasión fabulosa de enrolarme nun veleiro cuns amigos e cruzamos todo o Caribe. Rematamos en Cartagena (Colombia) e tras vivir en Santa Marta estiven por Europa facendo feiras o que me deu tamén a ocasión de traballar e de coñecer xentes en distintos ámbitos. A raíz de ditas feiras fixen a miña última viaxe que rematou coa Feira do Libro de Bos Aires na que levamos o stand de Galicia, que por certo foi premiado, e aí cambiei de mochila. Intentei facer unha paradiña nos países grandes de sudamérica que eran os que me faltaban e aproveitei para cruzar Arxentina, Uruguai, Bolivia, Perú, Colombia, Ecuador, Brasil e quedoume Chile pero era demasiado inverno e facía frío. Ese é o material que vou recoller na mostra deste sábado: o lado máis amable destes lugares nos que estiven centrándome fundamentalmente nos animais e paisaxes.

-É posible viaxar con pouco?

-Obviamente. Viáxase mellor con pouco. Todo o que non é imprescindible é lastre. Unha hamaca serve de silla, de sofá e de cama e a roupa nunha bolsa de tea fai de almofada...

-Cal é o seguinte destino?

-Se por gusto fora faría cruzaría África en moto pero habería que contar con patrocinios, e non se presenta coma unha opción fácil, entón baixando ao mundo real colaborarei cunha empresa que organiza feiras e parece que imos ter algunha o outro lado do charco e aproveitarei para quedar no norte de Colombia. Alí ofrecéronme a posibilidade de levar un barco que colle xente como un hotel flotante e ao mesmo tempo saca turistas polo Parque Nacional Tairona.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Viáxase mellor con pouco. Todo o que non é imprescindible é lastre»