«Queremos que sintan a nosa paixón»

A formación galego-catalana, co percusionista lalinense Mario G. Cortizo, presenta o sábado en Lalín o seu primeiro disco, titulado «Cantos de poeta»


O grupo galego-catalán Gelria ofrece un concerto o sábado en Lalín no que presenta o seu primeiro disco Cantos de poeta que musica catorce poemas de galegos de todos os tempos. Un abano no que teñen cabida dende Rosalía a Cunqueiro pasando por Chus Pato, Uxío Novoneira ou Manuel María. O concerto terá lugar ás 20.30 horas no Museo da Marioneta.

Do grupo forma parte o percusionista lalinense Mario G. Cortizo afincado dende fai dez anos en Barcelona. A formación a integran ademáis a actriz e vocalista Elena Tarrats e o compositor Federico Mosquera, o piano. O concerto forma parte dunha xira que arranca este venres en Padrón cun concerto na Casa de Rosalía e levará o grupo por toda Galicia. Gelria acompañará tamén a Carlos Núñez na súa xira 20 aniversario de A Irmandade das Estrelas con citas en Madrid, Barcelona, A Coruña, Girona, Vigo e Ferrol.

Mario G. Cortizo explica que «fainos moita ilusión porque o disco foi un traballo de longo recorrido». Comenta que «levamos traballando dende o 2014 sacámolo o 23 de abril. Fixemos presentacións, pero agora é cando podemos facer chegar á xente a nosa música e gozar». Apunta que «faime especial ilusión o de Lalín porque é nun espazo tan coidado no que estaremos tan cerquiña dos espectadores, e ademais é como estar xa na casa nestas datas de pre-Nadal». Este Canto de poeta preséntase nun coidado formato libro-disco acompañado de fotografías de Juan Luis Rúa e ilustracións de Sonia García. O escritor Manuel Rivas foi o encargado de reinterpretar e reescribir os catorce poemas. Mario indica que «vai ser un concerto de moita enerxía, queremos transmitirlle a nosa paixón ó público e que o pasen tan ben coma nos».

Os tres integrantes de Gelria sumarase neste concerto un contrabaixo e «imos ter colaboradores, textos de Manuel Rivas en off, unha pequena escenografía». «Queremos que sexa unha experiencia e que a xente o goce», engade, «por iso o remate hai unha pequena degustación de viño, conservas e produtos gourmet dos nosos patrocinadores porque queremos compartir o remate ese viño e unha conversa con toda a xente». O grupo traballa nun novo proxecto máis de creación.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Queremos que sintan a nosa paixón»