Recoñecemento á calidade literaria de Rivas, no Laxeiro

O salón de actos do centro leva agora o nome do escritor galego, que impartiu onte varias charlas


O IES Laxeiro de Lalín mantén dende onte un estreito vínculo con Manuel Rivas ao descubrir o propio escritor unha placa co seu nome na entrada do salón de actos.

Unha xornada, a de onte, tinguida de emocións. Emoción que se palpaba nos organizadores do acto, que xurdiu dos responsables da biblioteca pero no que colaborou toda a comunidade educativa, pero tamén fortes sentementos os vividos polo propio poeta e escritor dende o mesmo momento en que entrou ao centro e ollou unha fermosa recompilación de artigos e de libros da súa autoría. Manuel Rivas acudiu ao instituto para aperturar dalgún xeito o novo curso académico, subliñaron dende o instituto, «pero tamén para tributarlle dende o centro un recoñecemento a súa figura e a súa calidade literaria. Pensamos que sería un bo xeito de empezar o curso traendo ao centro a unha figura destacada da poesía galega. Os alumnos len a Manuel Rivas e poder telo no centro foi todo un privilexio», manifestaba unha profesora ao remate do acto no que Rivas tivo tempo para departir cos alumnos, coa comunidade educativa e impartir varias charlas; unha sobre os medios de comunicación ao alumnado de bacharelato mentras que a actualidade centrou a súa intervención cos de 1º e 2º da ESO. Disertacións que se extenderon ao longo de toda a mañán, e que foron calificadas polos asistentes como extremadamente amenas ao introducir o autor galego varias anécdotas propias para grande interese de todos os asistentes. Mesmo algún profesor do centro se laiaba posteriormente de non haber podido asistido ás mesmas ao estar en clase.

Agasallos

A comunidade educativa do IES Laxeiro levaba tempo preparando esta visita do escritor galego e non quixo deixar nada sen atar. Pensaron en agasallos que emocionaran a Rivas e acertaron. Tamara Pazos, ex alumna do centro, púxolle voz a un dos seus poemas e a profesora de música Ana Dios encargouse do son en directo. Pola súa banda a profesora de plástica Mar García agasallouno cun retrato e varios libros, que non podían faltar. Entre eles «O libro do mal amor» parido no centro, e outro sobre a figura do insigne artista lalinense Laxeiro e non faltou unha gran cesta chea enxebre chea de toxos e carqueixas. Un Manuel Rivas emocionado e agradecido que marchou de Lalín coa promesa de voltar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Recoñecemento á calidade literaria de Rivas, no Laxeiro