«Actuarei en Lalín por primeira vez e facelo con ?Famélica? é ilusionante»

amelia ferreiroa

LALÍN

Xoel Fernández está preparando novos proxectos.
Xoel Fernández está preparando novos proxectos. coke riera< / span>

El actor lalinense Xoel Fernández comezará en abril unha xira por Galicia con citas representativas en Santiago, Vigo e na súa vila natal

30 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Finalmente o desexo do actor lalinense Xoel Fernández de representar no seu pobo a obra Famélica, de Juan Mayorga, despois de dúas tempadas en Madrid farase realidade. Para metade de abril anúnciase unha xira por Galicia.

-Están tres datas pechadas. O 13 estaremos no Teatro Principal de Santiago, o 14 na Sala Ártika de Vigo e o venres 15 no Salón Teatro de Lalín ás nove da noite. Actuar en Lalín, na casa, por primeira vez e facelo con ?Famélica? é ilusionante. Estou especialmente contento de poder estar aí. A compañía é de Madrid e non foi doado pechar todo isto pero unha vez que se foron cerrando as datas das actuacións en Galicia fixen todo o posible para que Lalín tamén estivera no circuíto. Só estaremos nestas tres prazas, inicialmente, e Lalín está entre as tres capitais galegas (risas).

-Dúas tempadas no Teatro Lara de Madrid con críticas positivas.

-Críticas que non deixaron de sorprendernos no bo sentido, a verdade. Agora a obra está nunha segunda volta con dúas persoas novas no reparto: Mabel del Pozo e Aníbal Soto, que chegaron por cuestións de datas respecto da posta en escena da obra. Por certo que a Aníbal seguro que moita xente o coñecerá polo papel que facía na serie televisiva de O Faro, que foi onde coincidimos e nos coñecimos. Agardamos que as novidades introducidas na obra a fagan cada vez mellor.

-¿Que nos depara esta peza?

-Trátase dun texto de Juan Mayorga, un dos mellores dramaturgos deste país, Premio Nacional de Teatro e con obras que foron traducidas a máis de trinta idiomas. É un referente e é un privilexio poder levar este texto por distintos puntos de España. Famélica é unha satírica política onde hai situacións divertidas pero tamén momentos para a reflexión que é o que máis me gusta desta obra. Espero que á xente lle agrade tamén e que se encha o Salón Teatro.