«O reto é facer cen series de cen metros e recoller alimentos»

Neste evento a favor de O Mencer que se celebra na piscina do Arena participan uns sesenta nadadores

Armando Piñeiro é o impulsor desta iniciativa
Armando Piñeiro é o impulsor desta iniciativa

Piscina Lalín Arena ?Lalín?? O día 26, ás 17.00 horas no na piscina do Lalín Arena celebrase a iniciativa 100x100 Solidario coa que se recollen alimentos para o colectivo O Mencer, impulsada por Armando Piñeiro Pérez. A presentación fixose onte no Concello en presenza do teniente alcalde Nicolás González Casares e Rocío Díaz, presidenta de O Mencer.

-¿Como xurdiu a iniciativa?

?Levamos anos vendo que noutros lados se fan probas como esta e queríamos facela aquí e este ano foi a vencida. Plantexamoslla a González Casares e díxonos: ¡Adiante!.

-¿En que consiste?

?Temos un vínculo importante co mundo na natación a través do trialtlón e o que fixemos foi deseñar un evento que consiste ven unha especie de reto de facer cen serias de cen metros por relevos de equipos de nadadores integrados por entre cinco e dez nadadores. O que tratamos é de implicar a maior cantidade de persoas vinculadas o mundo da natación. Xente que nada de feito ocasional e persoas que intentan retos como Álex, de Working Wheels.

-¿Canta xente participa?

?Fixemos seis equipos dunhos dez nadadores. Virá un equipo de triatletas e nadadores foráneos, unha especie de selección de compañeiros e amigos nosos do mundillo do triatlón, también estará un equipo do club Beariz, no que militamos a mayoría dos que practicamos triatlón en Lalín: haberá un equipo de persoas do propio Lalín Arena entre cursillistas e monitores e tres equipos máis con nadadores de moitos niveles e experiencias diversas. É un espíritu no competitivo e lúdico para tratar de dinamizar estas datas. O obxetivo principal é recoller alimentos e todo tipo de productos para O Mencer.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«O reto é facer cen series de cen metros e recoller alimentos»