«Daremos respostas ás inquedanzas que prantexen as familias»

amelia ferreiroa LALÍN /LA VOZ

LALÍN

A asociación pechou charlas sobre os perigos da Rede, drogas e comunicación

21 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación Medrar 2.0 naceu en Lalín da man dun grupo de pais, involucrados na educación dos seus fillos, con desexos de dar resposta a todo aquelo que supón unha pregunta á hora da educación e da convivencia. A xunta directiva, na que está Elena Buceta, pechou as actividades a desenrolar ata decembro.

-¿Un colectivo aberto a todo tipo de familias?

-Por suposto. Vivimos nunha sociedade na que se están dando familias de moitos tipos e en Medrar 2.0 teñen cabida todas sen excepcións. Polo de agora o que fixemos, xa que a posta en marcha da asociación é moi recente, foi pechar unha serie de actividades pero estamos para escoitar propostas e buscamos a participación de todos no colectivo.

-¿Cal é a finalidade última do mesmo?

-Temos fillos e preocúpanos todo. A través de cursos, charlas e talleres daremos respostas ás inquedanzas que prantexen as familias respecto de cuestións que se poñan sobre a mesa. Decidimos comezar cun tema xenérico como son as técnicas de estudo, pero pensamos que é importante ao igual cun curso de comunicación activa para familias.

-¿Para os cursos, charlas e talleres, contarán con especialistas en cada unha das materias?

-Esa é a idea. De feito para o curso do que falaba, que se celebrará o vindeiro sábado dende as 10 da mañán na aula do Forum Dezae, imos contar co grupo Líbolis de A Coruña que posúe ampla experiencia nese eido e tamén no que se refire ao acoso escolar. Salientar que non fomos quenes de dar con persoal especializado que fose da zona pero estamos abertos a calquera proposta que nos chegue e será ben recibida.

-No calendario xa pecharon dúas citas máis...

-Son dúas charlas e ambas serán impartidas por axentes da Garda Civil de Lalín. A primeira, fixada para o 28 de novembro, versará sobre os perigos na Rede e o 12 de decembro será sobre as drogas duras, as blandas e as de deseño. Os axentes nos achegarán valiosa información sobre onde se poden atopar e de que xeito se conseguen. Son temas de profundo interese para os pais.

-¿Estamos ante unha serie de actividades que serán de balde?

-Algunhas o serán e outras non. Primeiro salientar que para os cursos e charlas é imprescindible anotarse para organizar aforo e para pagar cuotas nos casos que sexan precisos. No caso concreto do curso de técnicas de estudo, que serán catro sesións de dúas hora por semán un día, custará 40 euros e o de comunicación 35 euros por familia, independentemente do número de adultos e de nenos que asistan.

-E sen esquencernos do divertimento...

-Tamén fai falla. O día 25 comezaremos un torneo de convivencia entre pais e rapaces no pabillón con xogos e no que non faltará unha merendola.