Chris Stevens trae a Lalín as súas obras da xente corrente

A exposición, que será inaugurada o venres ás 20.30 horas no museo Ramón Aller, poderá ser visitada durante tres semanas

Chris Steven es pintor figurativo originario del Reino Unido y con exposiciones realizaras por todo Europa.
Chris Steven es pintor figurativo originario del Reino Unido y con exposiciones realizaras por todo Europa.

lalín / la voz

O Museo Ramón María Aller de Lalín acollerá, dende o vindeiro venres unha exposición do artista Chris Stevens, nado en Basingstoke (Reino Unido). A inauguración será ás 20.30 horas, no citado edificio.

Chris Stevens é un pintor figurativo que expón regularmente dende que se licenciou na Universidade de Reading (Inglaterra). O artista vén de realizar exposicións individuais en galerías de Londres, Amsterdam e Gales. Ademais, tamén fixo mostras colectivas colaborando con artistas como Lucian Freud, David Hockney e Walter Sickert.

As pinturas que forman esta exposición comprenden un período de 25 anos. Un traballo que trata do mundano, do que é ou pode ser extraordinario. En palabras do propio artista, «escollo reflexionar e reflexar a rutina diaria da xente corrente». As obras tamén miran aos estereotipos de individuos a través de ideas preconcebidas que a sociedade ten debido á raza, moda, idade ou xénero.

O pintor está sempre na busca de novos horizontes, agradándolle as historias que xuntan elementos dispares, como poden ser a colocación de figuras nunha paisaxe que nunca foi visitada ou con individuos que nunca se atoparían. Utiliza o cabalo como símbolo do privilexio.

O museo lalinense conta, no seu fondo artístico, cun cadro doado polo propio pintor. Trátase da obra Divine Comedy, pintura presentada e seleccionada na décima Bienal Internacional de Arte Pintor Laxeiro, de Lalín. A obra é un óleo sobre táboa (120x120cm), e está valorada nuns 5.000 euros.

Chris Stevens foi premiado na BP Portrair Award e na exposición «Painted Faces», organizada pola Saatchi Galley. Tamén foi artista residente por parte de Arts Council no Futbol Club Sunderland e no Aeroporto Internacional de Birmingham. A súa obra atópase en coleccións públicas e privadas, incluíndo o Museo Victoria & Albert e a National Gallery de Gales.

Presenza anterior

Non é a primeira vez que este pintor expón na capital dezana, pois o ano pasado realizou a mostra «MetroEscapes», de Riverside Artists Group de Londres. Unha exposición que incluía 31 propostas distintas de case unha vintena de artistas de distintas nacionalidades. Desta volta expón en solitario unha mostra que poderá ser visitada ata o día 27.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Chris Stevens trae a Lalín as súas obras da xente corrente