Dous estudantes da zona acudiron na Formula Student a Silverston

elena cuiña LALIN / LA VOZ

LALÍN

No circuito de Silverstone o coche de Uvigo Motorsport non arrancou por un erro no motor.
No circuito de Silverstone o coche de Uvigo Motorsport non arrancou por un erro no motor.

O equipo UVigo Motorsport correrá en Hockenheim e Montmeló

15 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O estradense Mikel Estraviz e o lalinense Marcos Fernández participan na Formula Student, unha Formula 1 para universitarios. Estes rapaces son estudantes da Escola Técnica Superior de Ingeniería Industrial da Universidade de Vigo, e xunto con outros doce integrantes forman o equipo UVigo Motorsport.

«Todo comezou fai dous anos e medio, cando uns compañeiros se enteraron do campenato por Internet e, ao ver que participaban varias universidades españolas, decidimos expoñerllo ao director da escola e, finalmente, conseguimos participar», explica Marcos Fernández, líder técnico e responsable de Transmisión e Propulsión do coche.

Os alumnos tiveron que deseñar e construír un monopraza baixo unhas características determinadas. Co vehículo a punto, o seguinte paso eran as tres probas ás que se presentaban en Inglaterra, Alemaña e España. Na primeira, realizada a pasada semana en Silverstone, os rapaces non puideron arrancar o UM15 debido a un erro no motor. «O problema non estaba no motor, senon na unión da centralita do motor e o motor», declara Marcos.

O coche será conducido por un total de cinco pilotos, escollidos por eles mesmos de entre os 14 compoñentes do equipo. Non está permitido correr cun piloto profesional porque o que prima é a evaluación do prototipo, non a condución. O criterio de selección para a primeira proba foi o peso e estatura dos rapaces.

Dende o equipo UVigo Motorsport din que, aínda que se trate dun grupo pequeno en comparación con outros competidores, a organización do equipo foi o máis duro de todo o proxecto.

Marcos Fernández cóntanos cales son os puntos fortes que o seu coche presenta fronte aos rivais: «a electrónica, contando cunha pantalla táctil xunto ao volante; o baixo peso, aínda sendo este o primeiro ano que participamos, presentamos un nivel á altura de universidades españolas con sete anos de experiencia na competición; e o deseño, xa que non nos limitamos a escoller unha única cor para a carrocería, presentando un modelo que non é aburrido en comparación con outros».

As seguintes dúas probas disputaranse entre o 28 de xullo e o 2 de agosto en Hockenheim, e do 27 ao 30 de agosto en Montmeló. Para estas dúas próximas citas o equipo vese preparado, e fronte ao erro no circuíto inglés, «xa temos claro o plan de actuación, o coche chega hoxe e só necesitamos tempo para traballar nel. Non foi un erro, foi un imprevisto, e simplemente necesitamos desmontar, reparar e probar», conta Marcos.