Zobra pide axudas para natureza

agustín zalabeite LALIN

LALÍN

Membros da directiva da comunidade de montes e sinalización existente en Zobra.
Membros da directiva da comunidade de montes e sinalización existente en Zobra.

A parroquia lalinense organiza o sábado unha andaina e unha comida

03 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A parroquia de Zobra, a máis olvidada e a máis distante do Concello de Lalín, a vinte quilómetros do mesmo, tivo luz antes que Lalín. dende o 1920 a 1970, as minas de estaño que proliferaban na zona deron traballo a moita xente. Hoxe, con cincoenta vivendas e cen habitantes, trata de camiñar cara diante e converterse nun referente de xestión ambiental e de conservación da natureza.

Con 90.000 euros de presuposto, a comunidade de montes ten agora mesmo nove traballadores facendo labores de desbroce e mantenemento nos sete lugares, e nas 2.300 hectáreas da parroquia.

Unha das grandes preocupacións que ten a comunidade de montes é que veña un lume e arrase con todo. Levamos dende o 2013 sen que as administracións fagan traballos na prevención de incendios, nós facemos o que podemos, co presuposto que temos. Pero non chega tal como está o monte.

Prometeron un tanque de incendios para carga de helicópteros, pero ao final foise para a costa. Zobra, con 34 aeroxeneradores, xenera máis ingresos que calquera outra zona do interior. Só os beneficios da compañía eléctrica, máis os fondos de compensación ambiental, máis IBI, máis Rede Natura 2000 con fondos europeos, suman varios millóns de euros. E queremos que se fagan inversións, que den traballo á xente da parroquia. Este é o motivo de organizar mañá sábado unha andaina. Dar un toque de atención.

A comunidade de montes apostou dende o 2004 por facer unha ruta de sendeirismo de trinta quilómetros e facer un mantenemento anual da mesa, con traballadores da parroquia contratados e pagados por la propia comunidade de Zobra. Sen ningún tipo de axuda, para disfrute de todos, sen recibir nada a cambio.

Tampouco se fixeron grandes repoboacións de pino subvencionadas con fondos europeos, conservando así os uzais (monte raso) e outros hábitats prioritarios e catalogados como Lugar de Interese Comunitario (LIC) dentro da zona de Rede Natura 2000. En outros lugares da Rede Natura, como Serra do Candán, fixéronse moitas repoboacións de pino, subvencionadas, pero Zobra seguiu co seu hábitat natural, sen modificación humana.

Zobra foi unha parroquia afastada de Lalín, a vinte quilómetros. Tardaron en chegar as carreteiras e os veciños conservaron as súas costumes e identidades máis que ningunha parroquia do Concello. Actualmente, a comunidade de montes, con 90.000 euros de presuposto anual, ten contratadas a catro persoas todo o ano e, do mes de xullo a outono, cinco persoas máis, que van realizar traballos forestais e de mellora na parroquia de Zobra.

Inclusión na Rede Natura

A nosa inclusión na Rede Natura soamente acarreou problemas na comunidade de montes e nos veciños particulares, tendo que pedir autorizacións á Consellería de Medio Ambiente para calquera traballo dos que tradicionalmente se viñan realizando (cortas de leña para quentarse, limpeza de fincas,..). Dende principios dos años 2000 non se invertiu por parte da Consellería de Medio Ambiente nin un só euro en melloras na Rede Natura 2000 en Zobra, nin sequera un tanque de auga para incendios que fora prometido.

Temos que agradecer á a anterior corporación municipal pola inversión que fixeron na parroquia este último ano. Cerrouse o Agro de Zobra. O Concello aportou unhos 4.000 euros e 12.500 viñeron de fondos europeos. Estase a homologar o Sendeiro de Zobra na Federación Galega de Montañismo, que é o único sendeiro homologado na comarca do Deza, e unha das razóns pola que Zobra lle viña facendo o mantenemento dende fai dez anos. Actualmente segue necesitando servizos básicos como podería ser o alcantarillado, mellora das carreteiras, asistencia social, etc.

A parroquia ten un montón de recursos naturais, culturais. Por un lado, os naturais: Dende os anos vinte explotáronse minas de estaño, das cales hai moitos vestixios; tamén foi moi tradicional o mel, hai preto de coarenta albarizas (a maioría olvidadas e sen recuperar) que é un patrimonio etnográfico. Tamén hai moitos muíños, soamente o río de Zobra ten dezanove, e case todos, en estado de abandono. Tamén aquí podemos atopar o maior bosque de Quercus Pyrenaica da provincia de Pontevedra, chamado A Devesa, que nos seus tempos foi sustento de carbón e casca de carballo para curtidos de pel.

Os recursos culturais máis destacados son as pandereteiras de Zobra, ás que o ano pasado se lles gravou un documental (pagado pola comunidade de montes de Zobra) no cal contar como eran os tempos de antes... cantando... tecendo... fiando... e que nos últimos anos, grupos como Leilía e outros, viñeron a Zobra a copiar as numerosas cantigas inventadas pola xente de Zobra.

Agora xurdeu un grupo de xente xove da parroquia, que ten a iniciativa de facer a andaina Zobra Camiña, coa ilusión de que se conserve o patrimonio que ten a parroquia e que se consigan fondos deses que veñen... e que levan vindo dende Europa dende o ano 2000 para a conservación da natureza e que aquí aínda non chegaron.

Invitamos á nova corporación municipal e demáis dirixentes da Administración da Xunta de Galicia porque pensamos que é tarefa de todos loitar polo medio ambiente e polo turismo. En Zobra emigrou moita xente, hoxe mesmo a poboación está moi envellecida, habendo máis fillos e netos fora de Galicia que na parroquia. Sabemos que Lalín ten moitos problemas para manterse como municipio de máis de 20.000 habitantes, e dende Zobra vamos a intentar que se empadroe xente da parroquia que agora está fóra, para así conseguir que Lalín sexa un municipio referente no centro de Galicia.

Andaina Zobra Camiña. Animamos a todos, xente de Lalín e de fóra a que veñan pasar unha xornada este sábado en contacto coa natureza e desfrutando dun xantar no curso alto do río Deza, un lugar espectacular.

Tribuna aberta

Agustín Zalabeite é presidente da comunidade de montes