García Mañá, R e os Xulgados de Lalín obtiveron o Premio Peña Novo

La Voz LA VOZ | VIGO

LALÍN

02 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Os xulgados 1 e 2 de primeira instancia e instrución de Lalín; o xefe superior de Policía de Galicia, Luís García Mañá; e a empresa de telecomunicacións R foron elixidos gañadores da XII edición dos Premios Peña Novo, que outorga a Fundación Lois Peña Novo a aquelas persoas ou colectivos que favorecen, fomentan e consolidan a presenza do galego na Administración ou no mundo empresarial. O xurado, formado por persoas vencelladas ás diferentes Administracións autonómicas, decidiron por unanimidade os nomes dos galardoados deste ano nunha reunión mantida onte pola mañá na Pousada de Soutomaior.