Verónica Pichel: «Sacamos adiante máis actuacións que nunca»

David Cofán Mazás
david cofán A ESTRADA / LA VOZ

FORCAREI

cedida

A candidata socialista aspira á reelección despois do seu primeiro mandato. Aposta pola creación de emprego e en fixar poboación na zona

24 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Alcaldesa de Forcarei dende o 2019, Verónica Pichel (Lausana, 1984), chegou a Forcarei aos seis anos cando a súa familia regresou da emigración. Entrou en política no 2017 como concelleira da corporación local. É diplomada e postgraduada en Dirección e Planificación de Turismo e conta con máis dunha década de experiencia profesional en asesoramento, auditorías e formación para pemes e consultaría en xestión estratéxica e dirección de proxectos para diferentes administracións.

—Como valora a situación política actual?

—A gobernabilidade do Concello nestes últimos catro anos foi bastante complexa pola implacable oposición do PP, que tentou insistentemente boicotear obras, proxectos e ata a actividade ordinaria municipal. Afortunadamente, ben polo apoio puntual do concelleiro de BNG-Foro Forcarei, ben pola axuda doutras administracións, esencialmente da Deputación, ou ben polas moitas horas de traballo dos membros do equipo de goberno e de persoal do Concello, conseguimos sacar adiante máis actuacións que nunca na historia.

—Cal é obxectivo do PSOE para o 28M?

—Obviamente a maioría absoluta. Creo que fixemos un gran traballo e que as veciñas e veciños van recoñecelo e premialo.

—Ve factible unha nova maioría absoluta?

—Obviamente si. Merecémola.

—Pactaría de novo co BNG? Cómo foi a relación neste mandato?

—Por Forcarei faría o tivera que facer, pero imos a pola maioría absoluta. A relación nestes anos co BNG-Foro Forcarei foi cordial. Tivemos as nosas diferenzas, como non podía ser doutro xeito, pero é xusto recoñecer que Roberto Jorge foi leal a Forcarei e, en xeral, apoiou os nosos proxectos.

—Cales son os eixes que vertebran o programa do PSOE forcaricense?

—Deseñamos un programa de futuro pensado para as familias, as persoas maiores, o emprego e as empresas.

—E a nivel de emprego e economía?

—Queremos que as familias para que se asenten no concello de Forcarei e daremos axudas de 500 euros á natalidade, por cada novo nacemento ou adopción, e impulsaremos a construción de vivendas sociais e a promoción do alugueiro, entre outras medidas. Crearemos o primeiro centro de día para maiores da localidade despois de ter rehabilitado o edificio da Casa da Xuventude, e promoveremos a creación de empresas e a xeración de emprego con importantes bonificacións para as explotacións agrogandeiras e para as empresas que se asenten nos polígonos industriais de Forcarei.