Forcarei dedica hoxe unha Ruada das Letras á figura de Avelino Cachafeiro

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

FORCAREI

13 may 2022 . Actualizado a las 21:40 h.

A carballeira do Parque Venezuela, en Soutelo de Montes, acollerá hoxe pola tarde unha Ruada das Letras organizada polo Concello de Forcarei no marco do programa de actividades para conmemorar os 50 anos do pasamento do célebre gaiteiro de Soutelo. O cartel inclúe a actuación do grupo Os Abrentes, un recital de poemas de Avelino Cachafeiro e a interpretación de coplas e pezas do gaiteiro por parte do grupo de pandeireteiras As Rebuldeiras de Soutelo e dos Abrentes de Cerdedo.