O BNG acusa á Consellería de Vivenda de «mentir sen pudor» sobre o abandono das vías de servizo da AG-53 en Dozón denunciado polos nacionalistas, Consideran que a resposta da Xunta «é un insulto á realidade» e aos veciños «que sofren a diario o illamento e a perigosidade duns viais completamente abandonados».
En resposta a unha iniciativa parlamentar o goberno galego afirmaba que a conservación destas vías se realiza «de xeito continuado» e que as inspeccións de febreiro deste ano só detectaron «deficiencias puntuais en 14 lugares» e que «ningunha delas impedía o tránsito» e que a única grave había sido reparada en abril.
A deputada nacionalista Ariadna Fernández, considera que «minimizar 14 puntos críticos nun tramo de apenas 10 quilómetros é unha irresponsabilidade». O BNG esixe á Consellería de Vivenda que execute «de maneira urxente e inmediata unha campaña real de reparación estrutural dos viais e unha roza integral que devolva a seguridade á zona».
Cre que dicir «que 14 puntos estratéxicos destrozados sen deficiencias puntuais demostra que ningún responsable da consellería pisou Dozón». Afirma que «o sector lácteo e gandeiro de Dozón non pode depender de promesas para «o longo do verán nin de escusas competenciais mentres a circulación está comprometida».