José Carlos Presas, candidato de UCIN: «Levamos reducir o gasto na remuneración da corporación»

R. R. LALÍN / LA VOZ

DOZÓN

cedida

A formación independente que lidera presentase por segunda vez para traballar polos veciños

18 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

José Carlos Presas Riveiro (Dozón, 1983) presentouse por primeira vez fai catro anos en Dozón pola Unión de Cidadáns Independentes. Residente en Pidre (O Sisto) e gandeiro de profesión, repite de novo como candidato de UCIN despois de acadar fai catro anos unha acta, a súa, e estrearse como concelleiro na corporación de Dozón.

—Valore a situación política que se vive en Dozón nestes momentos

—É unha situación estancada, sen avances nin melloras no benestar dos veciños e das veciñas.

—Cal é obxectivo que se marca UCIN para o 28M?

—Un cambio de goberno.

—Cre que a lista da súa formación ten os ingredientes necesarios para atraer votantes? Que destacaría dela?

—Por suposto, somos un grupo de xente con gañas e ilusión de traballar para que Dozón avance.

—Cree que cambiou a política do goberno nestes últimos anos coa incorporación de Campos Vázquez respecto a do seu pai Campos Panadeiros?

—É a mesma liña de actuación xa que o grupo de goberno non mudou.

—Como valoraría estes últimos catro anos do goberno?

—Sen melloras nin investimentos, agás a remodelación da Casa do Concello.

—Que lle ofrece UCIN aos veciños de Dozón?

—Lle ofrecemos un contacto directo, cercano, accesible para resolver os problemas do día a día dos veciños e veciñas de Dozón.

Que puntos destacaría do seu programa?

—Aportacións nos eidos de Educación, Cultura, Servizos Sociais, Sanitarios e de Benestar.

—Algún apunte en materia social/economía e emprego/ urbanismo?

—Queremos reducir o gasto na remuneración da corporación, levar o saneamento e a traída de auga a todas las parroquias e por en marcha vantaxes fiscais para o acceso á vivenda.