13 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
O espectáculo De Valdeorras a México. Terra A Nosa sobre a vida do poeta valdeorrés homenaxeado co Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán, chegará á comarca de Deza a partires da próxima semana nunha xira polos concellos de Agolada, Rodeiro, Vila de Cruces e Dozón da man da Deputación de Pontevedra.
Trátase dunha actuación familiar para divulgar a biografía do poeta, onde se alternará a narración da súa vida coa creación dunha ilustración e a interpretación de distintas pezas musicais, e que rematará cun coloquio e un obradoiro no que os participantes realizarán cadansúa caricatura do autor. A primeira para será o luns 23 as 16.00 horas no CEIP Pío Cabanillas de Dozón. Despois, o 29 de xuño estará en Rodeiro, o 6 de xullo en Vila de Cruces e o 22 do mesmo mes en Agolada.
Máis actividades en Dozón
O programa de actividades sobre o Día das Letras Galegas en Dozón arrinca hoxe as 16.00 no propio colexio cun contacontos sobre Delgado Gurriarán a cargo de Trémola Teatro. As 17.00 actuará o Mago Teto con As Nosas Letras.