Proxección dun ciclo de curtametraxes no centro cultural de Cerdedo

CERDEDO

24 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A partires das 18.30 horas e ao abeiro do Ciclo Mestre Mateo da Deputación de Pontevedra e da Academia Galega do Audiovisual, o centro cultural de Cerdedo acolle un ciclo de curtametraxes que resultaron finalistas na última edición dos premios do audiovisual galego. Nesta sesión, proxectaranse as curtas Illa cordura, Nena, O monstro e a nena e In Half.