Concerto de Laroá na Festa do Pan de Millo e Ovo

La Voz

CERDEDO

25 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O novo formato da Festa do Pan de Millo e Ovo de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade, por mor da pandemia do covid-19 terá como protagonista á música de folc-fusión do conxunto Laroá este sábado. O concerto desenvolverase a partir das 21 horas no Auditorio Municipal de Cerdedo. A cita, organizada pola Asociación Cultural Foula, é gratuíta ata completar o aforo.