O fliscorno que viviu a aparición dos salóns de baile

La Voz

CERDEDO

cedida

Falece o músico cerdedense Eduardo Troitiño Varela

10 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Este 9 de novembro deixounos Eduardo Troitiño Varela, músico cerdedense. Formou parte da banda de música dirixida por José Benito. Naceu no lugar de Cabenca (Concello de Cerdedo-Cotobade) o 30 de outubro de 1927. Eduardo e? sobrin?o dos mu?sicos Antonio e Cesa?reo Troitin?o Beiro, irmáns do seu pai, tame?n chamado Eduardo. Ademáis, este mu?sico e? pai de Jose Luis Troitiño e avo? de Rube?n Troitiño, gaiteiros da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo, que lle dedica esta lembranza. Dende a súa infancia gusta?balle a mu?sica e sendo un cativo, con 9 anos, comezou a asistir ás clases na academia de Jose? Benito, onde aprendeu a ler as partituras e a tocar o fliscorno, que ai?nda conserva en bastante bo estado. O 10 de marzo do ano 1955 casa con Pura Lavandeira Fortes, filla do baixista José Mari?a Lavandeira e neta do mestre de mu?sicos Ramo?n Lavandeira.

No libro As Bandas de Música de Cerdedo, do autor Manuel Campos Toimil, editado pola A. C. Os Abrentes de Cerdedo, no ano 2010, recóllense moitas das anécdotas do que era a vida do músico naqueles tempos. Como ben recolle este libro, os mozos e rapaces que integraban as bandas ao moverse de lugar en lugar e de vila en vila tomaban contacto con outras realidades diferentes das que ata o momento tin?an con?ecido en Cerdedo.

Algunhas novidades deixari?anos abraiados e lembrari?anas para o resto das su?as vidas.

Eduardo Troitiño tivo unha pequena aparición no programa Alalá da Televisión de Galicia, no capítulo adicado á A. C. Os Abrentes de Cerdedo, falando un pouco de como era a vida musical nos lugares de Cerdedo despois da Guerra Civil, na que a figura do gaiteiro xa case estaba olvidada quedando as ruadas con pandeiretas. Anos despois, a historia foi cambiando, empezaron a abrirse os salóns de baile coas orquestras, bandas de música, etc.

No ano 2018 a actual Banda de Música de Cerdedo homenaxea aos músicos cerdedenses daquela época, entre os que se atoparon Julio Durán Sieiro, Nicolás García Fortes, José Antonio Varela Márquez, Ramón Ricoy Mosquera, Jaime Barros Gondariz, José Iglesias Lavandeira, Manuel Torres Beiro e Eduardo Troitiño Varela.

Desde hai uns anos deixou de estar en activo a nivel rematando a súa actividade co Coro Parroquial de Cerdedo.