Comando Foucellas abre o Verán Cultural e Deportivo

CERDEDO

CEDIDA

20 jul 2019 . Actualizado a las 19:44 h.

A actuación de hoxe de Comando Foucellas na praza do Concello de Cerdedo-Cotobade inaugurará a programación do Verán Cultural e Deportivo 2019. Segundo precisaron o alcalde Jorge Cubela e a concelleira Lourdes Ovelleiro están previstas máis de vinte iniciativas espalladas entre o que resta de xullo e agosto.

O obxectivo desta iniciativa é impulsar aínda máis as festas patronais do Ecce Homo, fixadas entre os días 26 e 28.

A programación continuará mañá cun espectáculo, Merenda con pan de millo, a cargo de Migallas (19.30 horas), mentres que o martes o Centro Cultural de Cerdedo acollerá a proxección da película Como adestrar ao teu dragón 3 (19.30 horas). O mércores, a partires das 19 horas, desenvolverase unha nova edición da Festa da Bicicleta

Hoxe • 22 horas • Concerto de Comando Foucellas • De balde • Praza do Concello de Cerdedo •