Unha muñeira para Antonio Fraguas

j. b. A ESTRADA / LA VOZA ESTRADA / LA VOZ

CERDEDO

Cedida

O compositor Rubén Troitiño firma esta peza, gravada con catro asociacións de Cerdedo-Cotobade

11 may 2019 . Actualizado a las 23:11 h.

Na Rede comezará a escoitarse desde hoxe unha peza musical adicada a Antonio Fraguas, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, no que ríndese tributo ao escritor, historiador, antropólogo e etnográfo do municipio de Cerdedo-Cotobade. Foi composta por Rubén Troitiño e leva por nome Muñeira para Antonio Fraguas.

Na gravación desta peza participaron catro asociacións de Cerdedo-Cotobade. Foron Os Afoutes do Canón do Pau, Os Trazantes de Tenorio, Foula e Os Abrentes de Cerdedo. Esta muñeira tamén presentarase en primicia na sintonía da Radio Galega Música no programa Lume na Palleira, con Emilio Españadero. O autor agradeceu onte ás asociacións participantes o seu esforzo e tamén ao Concello pola súa colaboración para facer esta muñeira, tributo a Fraguas.

A Asociación Cultural A Estrada lembrará a figura de Antonio Fraguas con motivo do Día das Letras Galegas, resaltando a enorme débeda con el no municipio que trascende a súa obra, pola profunda pegada no alumnado que tivo. O día 16, ás 20.30 horas, haberá proxección do documental A derradeira lección do mestre nos Minicines Central con entrada gratuíta. Mentras, o 17, dende ás 17.00 horas, haberá un roteiro que sairá da Mámoa do Arnado ata o Castro de Ribela, excavado no seu día pro Fraguas. E ás 20.30 horas presentárase unha publicación sobre o escritor no MOME.