Un delincuente, segundo sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra, aproveitando tempos de cambio institucional en España, creou un presunto partido político, denominado en siglas PAYJ, abandeirando criterios tan democráticos como a anticorrupción e a xustiza. E seguramente favorecido por esos ventos de cambio e por unha deficiente xestión do concello de Agolada, accedeu ao goberno municipal cunha sorpresiva maioría absoluta.
Pero foi chegar ao poder municipal e poñer en práctica unha política netamente caciquil e revanchista sufrindo a primeira tarascada unha empresa que cumpre coa legalidade, como quedou demostrado. Nin que Agolada estivese tan sobrada de empresas no seu concello, que sirvan para asentar poboación no seu término municipal.
A continuación sigueu cunha política de persoal propia dun pequeño tirano, primando económicamente a quenes se someteron aos seus ditados e castigando a aqueles que se limitaron a cumplir coas suas obrigas laborais profesionais, se ben e certo que para esta cuestión contou coa colaboración da UGT, que se prestou a avalar as súas falcatruadas laborais. Si as paredes do concello de Agolada falasen non sería ésta a única condena penal de Luis Calvo Miguélez.
O PAYJ non é un partido democrático e un partido fundado por un megalómano caciquil e corrupto, que entre as suas ensoñacions tiña a de presentarse como candidato a Xunta de Galicia, e quenes comparten esta organización e os seus concelleiros son cómplices activos dos desmans de Luis Calvo, porque sin o seu apoio non podería gobernar dese xeito.
Non comparto a posición do BNG nin do PP de reclamar a dimisión do Alcalde para seren substituido por outro concelleiro do seu partido, porque todos eles están manchados polo apoio incondicional que lle prestaron a Calvo. Teñen que irse todos, teñen que dimitir todos, polo ben da democracia mais elemental.