Adeus a Torreiro, amigo e veciño de Agolada


Normalmente cando falece unha persoa sempre temos a tendencia falar sempre do boa persoa que era, pero a verdade e que todos temos luces e sombras, e sobre todo nos pobos e concellos pequenos todos se coñecen e sabemos cales son, por iso eu quería recordar o Torreiro como amigo, como veciño e como compañeiro de partido, pero sobre todo pola súa labor como concelleiro de Cultura e Deportes que foi durante moitos anos no Concello de Agolada

Co traballo de moitos, o equipo de fútbol de Agolada, subiu a Primeira Autonómica, foi campión e ascendeu a Rexional Preferente, un milagre, pero pasou; Torreiro foi un dos que sempre axudou e apoiou persoalmente e apaixonadamente, como concelleiro foi un logro histórico para o noso Concello no ámbito deportivo, que posiblemente, e oxalá me equivoque, non se volva a repetir.

Foi un, xunto con outros compañeiros, dos que puxeron en marcha o equipo de fútbol de veteranos que acadou a categoría de División de Honra na delegación de Santiago de Compostela, pero como eu vivo dende fai anos por motivo de traballo nesta cidade, o recordo que me queda son as innumerables veces que me chamaba por teléfono, «estou en Santiago, veño a unha reunión na delegación de fútbol de veteranos, logo vémonos» e nos víamos e falábamos de fútbol e de Agolada, porque compartíamos esas dúas paixóns, que marcaron as nosas vidas.

A días de verán no campo de fútbol, organizando o torneo de fútbol sete, pasaba as tardes do fin de semana arbitrando, buscando balóns, o que fixera falta para que todos poderamos gozar da práctica do deporte.

E as festas do San Pedro, faltaban poucas semanas e non había comisión de festas e era Torreiro o que animaba e reunía a xente para que participase, cando non era el directamente o que tamén se integraba na comisión.

E dende logo o seu máis grande logro foi xunto con ex director da Banda Municipal de Música, Nilo García, conseguir que Agolada durante moitos veráns fora un referente musical non so en Galicia, senón mesmo en España e con soa en moitos países. Logrou celebrar neste punto do centro de Galicia varias actividades musicais durante moitos veráns nos que participaron diferentes profesores, referentes internacionais no seu campo musical e alumnos e alumnas asistentes de toda España. E agora podemos constatar o difícil que é conseguir isto, e que foi froito do traballo de anos de Torreiro, Nilo, María, Odaiko,…, e o fácil e rápido que é perdelo.

Unha aperta Torreiro onde queira que esteas e grazas polo traballo realizado como concelleiro en Agolada.

Alfonso García (Toto), veciño e amigo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Adeus a Torreiro, amigo e veciño de Agolada