As pestes e a igrexa de San Xulián de Ventosa, a catedral do rural de Galicia

Manuel Estévez

AGOLADA

14 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

UUn estudio iconográfico das figuras pertencentes aos baldaquinos existentes na igrexa de San Xulián de Ventosa, no municipio de Agolada, demostra que a maioría dos mártires representados nesas imaxes, relacionanse coa protección fronte a peste, de modo que podemos supoñer que foron esculpidas nunha época de máxima preocupación ante esa epidemia.

Si ben é certo que as pestes no Reino de Castela, son recurrentes ata o último tercio do século XV, século por autonomasia, non son só en Castela, senón en toda a península e tamén en Europa, en xeral foi no século XIV, segundo se refere, Julio Valdeón (1989-99): «o punto álxido das mortandades, alcanzóuse nos anos centrales do século XIV, proseguindo suas nefastas consecuencias, na segunda metade de dita centuria».

Conxunto etnográfico

Parece a máis apropiada para esculpir todo o conxunto etnográfico alusivo a peste. A primeira mención da mortandade xeneralizada no Reino de Castela, referese ao ano 1301, a peor oleada da pestilencia tivo lugar entre os anos 1348 e 1350. Existen tamén noticias de novas en 1363-1364,1374,1380,1393 e 1400, cítase por exemplo unha grande mortandade en O Ferrol.

A segunda metade do século XIV, a máis apropiada para esculpir o conxunto de San Xulián de Ventosa, tamén alusivo a peste, estando representadas na pedra no templo agodalense, Santa Anastasia, mártir; Santa Catalina, con roda dentada na mao esquerda e espada na direita; Santa Leocadia con palma; Santa Lucía, cos ollos nunha baixela; Santa Ágata, con peana contendo os peitos; conxunto de San Sebastián, composto polo santo con frechas cravadas, atado a un árbore e dous arqueiros; San Erasmo, con hábito de monxe, bendecindo; San Brais leva a mao ao pescozo, protector dos males da gorxa; San Miguel Arcánxel e mesmo San Gregorio, Papa, procedente deste conxunto escultórico, patente no Museo Provincial de Pontevedra, quen librou a Roma da peste, o protector das mesmas.

Pinturas do templo

Sexa como fose, o pintor nado en Vigo, Xavier Lemos Godoy, meses antes e mesmo coincidindo coa pandemia que asola nestes momentos o mundo, estivo inmerso proxecto plástico «Detrás das pegadas do Mestre Mateo» a través da pintura, proxecto xa na recta final, previsto para levar a cabo unha serie de exposicións ao longo do Camiño Francés.

Desde Roncenvalles a Santiago de Compostela estaban progrmadas, con mostras en Carrión de los Condes, na provincia de Palencia; Santo Domingo de Silos, en Burgos; León capital e tamén Sahagún, na mesma provincia; o mesmo que otras previstas en terras galegas ata chegar a Santiago de Compostela, durante a celebración do Xacobeo 2021, tamén foi afectado pola pandemia ao pecharse todalas institucións. Por elo non se paralizou o proxecto polo de agora, unha iniciativa para poder proseguir avanzando co obxectivo de divulgar o patrimonio que atesora a igrexa de San Xulián de Ventosa, que o inesquecible intelectual galego Xosé Filgueira Valverde bautizara como a catedral do rural de Galicia.

Toda unha mágoa.