«As felicitacións de Nadal son pasado, só algún nostálxico as escribe»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

E CUIÑA

Bota de menos o envío de cartas persoais e as postais de vacacións polo mundo

26 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Cando os profesionais de Correos centran os seus esforzos en facer chegar en óptimas condicións correspondencia e paquetería aos fogares da contorna, engadindo tarxetas censuais e publicidade electoral cara aos próximos comicios do 10 de novembro que aumenta considerable o volume de traballo, Celsa Blanco González olla o trafego dos compañeiros agora como espectadora; dende a súa nova etapa como xubilada despois de 35 anos no servizo postal.

-Ser carteira estaba nas súas intencións?

-Non especialmente. Cando rematei os estudos abriuse unha convocatoria de oposicións a Correos e, na segunda ocasión, aprobei. O meu primeiro destino foi Madrid e posteriormente Agolada onde estiven ata a miña xulibación o pasado 1 de agosto.

-De Madrid a Agolada, menudo cambio.

-Moito. Cando cheguei á capital o certo é que me vin abrumada por moitas cousas, e mesmo pensei en facer a maleta e volver para a casa (risas). Pero aguantei e xa ves... agora xubilada. Os medios que tiñamos eran moi semellantes nun sitio e noutro, pero claro en Madrid o volume de correo que había que distribuir era horrible. Logo chegar en xullo, como foi o meu caso, cun calor asfixiante e os pes pegados ao asfalto; non foi fácil e alí estiven ano e medio. Posteriormente materializouse o meu traslado a Agolada e naquel entón non había nen sequera oficina. Tardaríamos como uns dez anos aproximadamente en contar cun espazo físico no casco urbano.

-En xullo de 1984 entrou en Correos. Ano e medio despois ven para Agolada, como era o volume de correspondencia?

-Comparado con Madrid totalmente irrisorio. Acostumada a repartir centos de cartas facíaseme moi raro ver o volume que se manexaba en Agolada.

-Cal era a súa zona de reparto?

-Fun carteira no casco urbano, estaba na oficina que se ubica na Rúa Loriga e tamén levaba o reparto en Ferreiroa, Vidueiros e Merlín.

-Vamos que non se lle escapa un nome ou un apelido do municipio, que son vostedes coma o censo.

-(Risas). Bueno coñezo bastantes apelidos do rural; levo en Agolada 33 anos... Creo cunha parte importante dos veciños os identifico con nome e apelidos, pero é totalmente normal ao formar parte do noso día a día.