«Escribo sobre a terra e as nosas aldeas para que non se perdan»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

ROI FERNANDEZ

Ana Vila presentará este venres en Agolada a súa obra, «Sentidos nunha aldea», que fala de vivencias

30 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Ana Vila Portomeñe (Taboada, Lugo) a poesía róndalle dende pequena pero non foi ata o 2015 en que se plasmaría todo ese sentemento poético nun libro. Agora catro anos despois o súa cuarta publicación xa veu a luz.

-Preséntase como poeta labrega.

-É que o son. Meus pais eran labregos e eu tamén pero dende pequena sinto tamén unha gran paixón pola poesía, e nunha presentación dixéronme: eres unha poeta labrega (risas) e aí quedou a cousa.

-Foi primeiro poeta ou labrega?

-Primeiro poeta xa que cando eres pequena o de traballar no campo non é algo que atraia moito (risas).

-Quen a empuxa a sacar o primeiro traballo?

-O primeiro libro que é do 2015 xurde cando meu pai sofre un ictus e paso con el máis tempo que emprego tamén para escribir. Xurdiron un bo puñado de poemas e o meu home e o meu fillo foron os que me animaron a publicalos.

-De que falan as súas poesías?

-Escribo sobre a terra, as mulleres e as aldeas para que non se perdan. Valoro nos meus poemas o traballo que se realiza nas aldeas e a necesidade que temos de mantelas con vida, para que non acaben abandonadas e sen habitantes. Ando coas vacas de pastoreo e esa vida na aldea aporta moita tranquilidade e momentos extraordinarios que nos inspiran, coma a paisaxe ou os camiños.

-Que presentará en Agolada?

-Vou falar dos tres primeiros libros pero tamén deste último, Sentidos nunha aldea, que saquei este ano e que fala das vivencias nas aldeas. É un libro escrito a man que busca concienciar sobre as aldeas para que non desaparezan,

-Hai xa material para un quinto libro?

-Hai (risas) pero imos esperar un chisco. Polo de agora está a próxima cita con Agolada (22 horas), unha vila que representa as aldeas de antes pola feira e con pendellos, polo que me fai especial atención ir alí xa que as aldeas teñen que seguir tendo vida que é o máis importante.