Seis corais dezás, na Romaría Galega

Agrupacións galegas daranse cita hoxe na Praza Central do Gaiás interpretando pezas populares e internacionais


A maior romaría de corais de Galicia celebrarase hoxe, e tomará como escenario a Cidade da Cultura; máis concretamente a súa Praza Central onde a partires das 18.30 horas comezará a décimoquinta edición dun evento que reunirá a 34 agrupacións de todo o país que encherán de música a zona. A comarca estará representada por seis agrupacións: a Coral de Agolada, Piloño (Vila de Cruces), Vales Mahía (Silleda), Rodeiro, e a Coral de la Alegría e de Botos, ambas de Lalín. En total case oitocentas voces que se darán cita no Gaiás para interpretar cancións populares galegas como o «Velaí vai» baixo a dirección do director da Coral de Piloño Enrique Viz Otero ou a peza anónima titulada «Ay linda amiga» que dirixirá o director da Coral Polifónica de Agolada, Alejandro Piñeiro. Habaneras, temas do folclore tradicional africano, coros de zarzuela e obras de coñecidos compositores de música clásica como o coro Va pensiero da ópera Nabucco, de Giuseppe Verdi, sonarán no recinto. A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela será a encargada de acompañar ás corais en catro pezas do programa e na interpretación do Himno Galego, que porá o broche final ao certame coral.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Seis corais dezás, na Romaría Galega