Bandas de música e orquestras, prato forte das festas de San Pedro e San Pablo

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

CEDIDA

Os membros da comisión organizadora elaborou un programa variado para satisfacer o gusto de todos os públicos

29 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Agolada abre hoxe as festas na honra a San Pedro e San Pablo cun amplo programa deseñado por unha comisión que tivo que artellar os festexos en só tres semanas. «Empezamos a organizarnos un pouco tarde, estivemos bastante liados coa organización do programa pero intentamos facelo o mellor posible coa intención de que guste a veciños e visitantes», explica Jorge Negro. Este agolense xunto a Luis Rivas, Rubén Porto, Ricardo Varela, Santi Méndez e Iván Sánchez son quenes se fixeron cargo duns festexos que comezan hoxe cun pasarrúas da man da Banda de Música de Agolada dende as once. A misa solemne que cantará a Coral Polifónica de Agolada está fixada para a unha, ás 14 horas haberá concerto da formación bandística agolense e pola tarde zumba. A agrupación ofrecerá un novo pasarrúas ás nove da noite xunto á Banda de Música Cultural de Salceda. Antes da verbena que correrá a cargo das orquestras Escaparate e Trébol as bandas presentarán o espectáculo «De tradición» con Suso Vaamonde. «É algo diferente e moi atractivo que entendemos que lle vai gustar á xente e que se levará a cabo na Praza do Concello se acompaña o tempo, e do contrario se trasladaría ao Auditorio Costa Casares», dixo Negro. Unha vez remate arrancará a verbena, será ao fío das 23.15 horas segundo prevé a comisión.

As bandas de música tamén cobrarán protagonismo na xornada sabatina. «É que somos un pobo de bandas. A nosa é moi laureada, con moito presente e futuro. A de Salceda está dirixida por un veciño do municipio e alegrámonos que esté nas festas e que veña coa banda que está dirixindo na actualidade... Nas festas deste pobo non pode faltar a música das bandas», sentencia Jorge. E de seguro que non faltarán. A Banda de Música Cultural de Salceda será a encargadado pasarrúas e concertos de mañán, que se celebrarán ás 14 e ás 21 horas. Costa Blanca e Capitol son as orquestras que amenizarán a verbena sabatina. A comisión, co traballo realizado e a boa predisposición de veciños e outras axudas, mesmo conseguiu que o domingo actúe outra formación bandística: a de Antas de Ulla a partires das 13 horas. Esforzo duns ramistas que agradecen «a colaboración dos veciños e do concello que nos botou unha man. Nós traballamos duro e con esforzo pero eles tamén nos axudaron a que as festas poidan sair adiante. Agora só esperamos que o tempo nos axude e que non chova».

Toca pois disfrutar das festas e logo «ceder o testigo a outras persoas, xente nova e con outras ideas para que se fagan cargo».