«Illamento e soidade son aspectos con maior incidencia nos anciáns»

Son algunhas das conclusións que se extraen do programa piloto de asesoramento


lalín / la voz

A súa sensibilidade respecto das problemáticas sociais ven de moitos anos atrás. Dende cativa María de Bernardo Roca (Cazás-Xermade, Lugo) foi consciente da existencia de enfermidades mentais e das dificultades que estas acarrean, por mor dun familiar moi próximo que loitou e segue loitando cun trastorno mental. Ver como a medicación é necesaria en moitos casos pero non suficiente, fixo que se prantexara outra maneira de mellorar a calidade de vida destas persoas e das súas familias. Por outra banda a escasa utilidade que as veces teñen os servizos de orientación dos institutos fixo que reflexionara acerca desta figura de referencia para tantos cativos e adolescentes con dificultades, e da necesidade e a importancia que ten. Unha morea de motivos que levou a María a estudar psicoloxía. Actualmente exerce a súa profesión nos servizos sociais do Concello de Agolada, becada pola Deputación, traballando nun programa gratuito de consulta psicolóxica.

-Como xurdiu a posta en marcha de dito programa?

-A posta en práctica deste servizo de psicoloxía de balde en Agolada foi unha proposta prantexada dende os servizos sociais do propio concello. Como profesionais e coñecedoras das problemáticas existentes na localidade, consideraron que sería beneficioso para os veciños do lugar ofertar este servizo e solicitar unha psicóloga para a posta en marcha deste proxecto. Nunca antes houbera no concello este servizo, polo que é a primeira vez que se realiza, e foi exposto como un programa piloto.

-Cales son as liñas do mesmo?

-O programa piloto abarca diferentes aspectos. Por unha parte proporciónase asesoramento e asistencia psicolóxica dende o concello, nas dependencias ou mesmo co desprazamento a domicilio nos casos que así o requiran (ben porque o solicitan os usuarios ou porque os servizos sociais o consideran necesario). Logo realízanse actividades de prevención, concienciación e sensibilización consistentes en charlas e actividades cos rapaces do Ceip de Agolada. Tamén se puxo en marcha un taller de memoria e estimulación cognitiva no centro social da localidade, dirixido a maiores.

-Como achegaron o programa á veciñanza?

-Colgouse na páxina web do concello un cartaz informativo sobre o servizo e tamén se fixo unha distribución deles pola localidade, publicouse en prensa...

-O programa vai dirixido a maiores e nenos, ¿sectores poboacionais que poden precisar de máis axuda?

-O servizo vai dirixido máis específicamente a eles xa que adoitan se os sectores máis vulnerables, e polo tanto máis susceptibles de precisar asistencia e axuda. Ademais ao tratarse dunha poboación cada vez máis envellecida, as axudas e servizos van encamiñados cada vez máis ao apoio e mellora da calidade de vida dos maiores e das súas familias.

-Canta xente puido pasar ata o momento polo servizo?

-Dende que se comezou con este servizo, en xuño de 2017, foron usuarios do programa aproximadamente uns 40 veciños da localidade que tendo en conta a pouca poboación da mesma é unha cifra bastante aceptable. Unha cifra na que non se contabilizan os nenos do colexio cos que se fixeron charlas ou actividades.

-Cales foron as problemáticas máis comúns detectadas?

-A nivel xeral a miña percepción é que o illamento e a soidade son os aspectos con maior incidencia nos maiores; os que fan máis mella, e nos que máis se debería de incidir e traballar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Illamento e soidade son aspectos con maior incidencia nos anciáns»