Maria do Ceo: «No disco que presento en Agolada vai un poema de Neira Vilas»

AGOLADA

María do Ceo acompañada do su marido e seu fillo
María do Ceo acompañada do su marido e seu fillo . S. A.

A cantante dará a coñecer o sábado os temas do seu derradeiro traballo «De Galicia a Portugal. Fado»

21 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Centro social de Agolada ?O sábado, día 23, ás 20.30 horas?? María do Ceo presenta o sábado na Agolada o seu derradeiro disco «De Portugal a Galicia. Fado».

-¿Qué podemos atopar neste traballo?

?É un dobre cedé que fai un percorrido pola música e a literatura de Portugal e Galicia.. O primeiro disco son catorce temas tradicionais fados con músicas populares como Unha casa portuguesa. No segundo con outras catorce cancións é o disco das Letras Galegas porque están poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Castelao, Cunqueiro, Neira Vilas ou Rosalía de Castro e catro cancións musicadas por min con letras de Armando González, unha delas adicada aos bateeiros e mexilloneiros. O galego arranca pola porta grande con Negra sombra de Rosalía. Hai tamén una canción na que canta Xosé Manuel Piñeiro.

-¿De Neira Vilas que inclue?

?De Neira Vilas fixen dous, un poema fermosísimo de Canto ao sol, para nenos. Nun deles fala dunha xoaniña que emigra nunha folla de salgueiro, é un canto a emigración e contado con esa dulzura que el tiña. É maxistral e moi emotivo.

-Presentou o disco en Santiago e agora está de xira por distintos concellos

?Presentamos en Santiago si e tamén en Ourense. Estamos percorrendo os concellos que merecen todo, intentando que este disco que levou moito traballo chegue a todas partes levando a música e tamén a literatura. Son charlas coloquio na que participan convocados da zona. En Agolada estarei acompañada de Armando González López, de Inma Galego e de Manuel Busto e estará o alcalde.

-¿Un disco que é un pouco tamén o reflexo da súa alma portuguesa-galega?

?Si, Alfonso Montero, que prologa o disco chámame María das pontes porque tendo pontes entre Portugal e Galicia e iso é tamén o que fai este novo disco.