03 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
A Casa das Letras da Estrada acolle desde hoxe a exposición itinerante Castelao Grafista. Facsímile, que produce Afundación Obra Social Abanca en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia. Queda enmarcada no Ano Cultural Virxinia Pereira deste 2026. A mostra poderá visitarse ata o día 1 de outubro de xeito gratuíto. Estará aberta de luns a venres, de 09.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.30 horas, así como os sábados de 10.00 a 13.30. Esta exposición reúne unha ampla selección das múltiples facetas creativas de Castelao, como debuxos ou manuscritos.