A Estrada exalta o emprego da lingua galega

La Voz

A ESTRADA

Miguel souto

16 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O teatro Principal da Estrada acolleu onte a entrega dos premios San Martiño á normalización lingüística. O Concello da Estrada recoñeceu co premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Montes á pastelería Mimela, pola súa firme defensa do idioma e o seu emprego de produtos naturais e locais nun proceso de produción artesanal e sostible. Recolleu o premio Antonio Sanmartín Chao. O galardón á normalización no ámbito galego foi para o espazo da TVG Dígocho eu, presentado por Esther Estévez. O premio a Toda unha vida levouno o obradoiro de gaitas García de Riobó, que pecha coa xubilación de Xaquín Espiño poñendo fin a unha estirpe de luthiers que se remonta ao século XVIII. foto miguel souto