A Estrada entrega hoxe os premios San Martiño de normalización

La Voz

A ESTRADA

R. G.

15 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Teatro Principal da Estrada acollerá hoxe ás 20.30 horas o acto de entrega dos premios San Martiño de normalización lingüística. O acto, aberto a todo o público interesado, terá unha duración de 30 minutos. Os premiados nesta edición do certame son a Pastelería Mimela, o programa Dígocho eu da TVG e o obradoiro de gaitas García de Riobó.