Móvete quere promover plans para difundir o galego entre os máis novos

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

11 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Móvete promove hoxe, ás 20.30 horas na eira da Casa Terra de Rebolos en Terreboredo, un acto público denominado A Estrada en Galego. Abordará a situación da lingua no concello e a súa candidata, Mar Blanco, exporá as propostas da súa formación, despois de mocións aprobadas xa en pleno como a ordenanza municipal de normalización lingüística. Pretenden establecer programas de integración comunitaria baseados na aprendizaxe do galego e tamén para os máis novos, e adherir A Estrada ao proxecto Apego.