A Estrada acolle este luns un acto contra a exclusión do galego na nova Lei do Audiovisual

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

13 may 2022 . Actualizado a las 21:40 h.

O vindeiro luns 16 de maio a asociación cultural Vagalumes, integrante da plataforma Queremos Galego!, levará a cabo un acto público sobre a situación do galego e a ameaza que supón a nova Lei do Audiovisual. Intervirá o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. O acto terá lugar ás 20.30 horas na sala Mome da Estrada.

Rematado o prazo para presentar emendas á nova Lei do Audiovisual, a Mesa advirte que os artigos sobre cotas de emisión, catálogo, financiamento e dobraxe por parte de plataformas de vídeo e das canles de televisión só citan «a lingua oficial do estado e algunha das linguas oficiais nas comunidades autónomas», o que podería chegar a excluír o galego.