A Estrada acollerá o 3 de novembro unha nova edición do Correlingua

La Voz

A ESTRADA

14 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Correlingua, a carreira pola lingua que percorre cada ano a xeografía galega, chegará á Estrada o 3 de novembro. A iniciativa recupera as súas actividades cunha edición que leva por lema Inmunízate co galego e que combina os actos presenciais e as retransmisións. Na Estrada actuará o grupo Música Miúda no teatro Principal.