Día Mundial do Libro


venres vinte e tres celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor fixado pola UNESCO desde 1995. Antes esta celebración facíase o sete de outubro motivado polo nacemento de Miguel de Cervantes como Festa do Libro Español e logo pasouse a nivel mundial, festa universal, arredor das mortes do mesmo Cervantes e a de Shakespeare, á data que arestora se celebra.

Velaí pois un día especial, en acentos de intensidades populares, na defensa dos libros como elementos imprescindibles, soportes importantes de beleza, para mediación das lecturas, nos saberes creativos das Linguas, a saborexares ?de tantos gustos? das boas Literaturas nas Culturas dos distintos Pobos e Estados. Tamén así un día solidario e cheo de sentementos irmandados para que tamén polos libros recoñezamos as marabillosas diversidades que suman e aportan contidos tan cualitativos ao todo universal. Todos os anos noméase unha cidade como Capital Mundial do Libro. Este ano ?o vinteún? correspóndelle tal distingo a Tiflis ?Tibilisi? de Xeorxia, país soberano na costa do mar Negro, Europa Oriental. O seu idioma oficial é o xeorxiano, no setenta e un por cento, xunto co ruso, armenio, azerí e algún máis.

E así desde nós, desde quen somos, postos nas maiores ilusións, no compás dos libros, nas lecturas de ganchete e no exercício dos pensamentos, libremente, velaí como nos volvemos a mellores e poñemos as nosas palabras a camiñar, sentindo emocións de altas gradacións.

Cos libros facémonos parte viva do universal. Axudamos construír unha sólida realidade de país. Por iso, conectando, sabéndonos Nós, sen dicir non a ninguén, así iremos. Iso é abrazar. Iso é poñer as horas a toda luz.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Día Mundial do Libro