El Emigrado


No ano vinte do século pasado danse en Galiza moitas iniciativas de pobo e de nación. Como algo principal, sen desmerecer nada, constitúese a vintecinco de xullo o día da Patria Galega. Tamén o nacemento da revista NÓS portavoz da mesma xeración de intelectuais, entre eles Lousada Dieguez. De maneira moi especial ao andar destes movementos nace na Estrada o xornal «El Emigrado» coa promoción dos Centros de Emigración fundamentalmente de Cuba e Arxentina en comunicación ideolóxica coa xente estradense moi motivada polo agrarismo e andar sociopolítico deste Concello, tanto en educación como en constituirse voz social en camiño de futuro de ben e de liberdade. O director desde xornal será Otero Abelleira e un redactor (xefe) salientable García Barros.Logo houbo colaboradores como Otero Pedrayo, Bernardo Mato, Castelao, Losada Dieguez, Cabada Vázquez e moitos outros. Eran tempos nos que Roberto Blanco Torres proclamaba nos seus versos o dicir de «Nós, nós e nós».A xustiza era tarefa de conquista, de argumentos e de convencementos. De evidencias. Non era revancha, nin desquite. Non era vinganza. Logo do trinta e seis viñeron as ordes represoras de instalarse nos olvidos. Nos silencios impostos. Aquela tarefa xornalística a poucos anos destas botou o peche. Comezaron os camiños de resistencias. A xeración de «El Emigrado» caeu en moitas fustracións entre tantas privacións e non serían poucos os comentarios ferintes, humillantes, para con eles. Canta usurpación de liberdade, a cal naceu dunha ilusionada República (ela tan breve). Cantos tiñan ideais e mal comprendían as súas vidas sen eles.

Pero nunca é tarde para celebrar. E así desde a AC Vagalumes queremos dar conta de que a este martes 15 temos a honra de poñer ao día da historia estradense o centenario do xornal «El Emigrado».Sabemos que está moi medido o dereito a disentir, pero disentimos da oficialidade dos olvidos e dos silencios. Hai que garantir que se coñezan todas as memorias. Queremos ter unha política pública da memoria. A realidade é pesimista. O futuro será duro. Pero nós os estradenses debemos axudar que a esperanza avance. Iso é poner luz. Iso é abrazar a verdade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

El Emigrado