Na Xustiza estamos de loito


En recordo da nosa compañeira e amiga Beatriz Bolaño-Rivadeneira Castro (Bea), e en apoio ó noso compañeiro Abelardo Isidro Dubert García (Abe), ambos compañeiros dos Xulgados de A Estrada (Pontevedra).


Descanza en Paz Bea!!!

Na Xustiza galega estamos de loito. En ocasións, a vida, parece que sempre castiga ás grandes persoas. E Bea é moi grande…

Dende o sindicato SPJ-USO en xeral, e no meu nome (Nilo Fdez.) en particular, lamentamos profundamente o falecemento de Bea no día de hoxe, 3 de febreiro.

Mais debemos pensar que non podemos loitar contra o destino da vida, e o paso de Bea por este mundo deixa unha profunda pegada que sempre lembraremos, e lembrarémola como non pode ser doutra maneira, sempre co seu sorriso, e sempre desbordando bondade, amizade e compañeirismo. E como non, sempre amosando amor e empatía polo seu compañeiro de viaxe, o noso tamén queridísimo Abelardo Dubert, ó que dende o mundo da Xustiza enviamos as nosas sentidas condolencias, así como a toda a familia e amigos de Bea.

Abe, nos mundos actuais cada vez resulta mais complicado atopar amigos para sempre, ti desfrutaches da compañía de Bea moitos anos, por iso agora te sentirás completamente devastado, pero Bea seguirá vivindo eternamente no teu corazón, e os recordos dos momentos vividos xuntos serán imborrables.

Abe, podes estar ben orgulloso da túa muller!!!. En realidade, todos estamos orgullosos de Bea!!!.

Lembra que moita xente vos queremos, e estaremos brindándoche o noso apoio nestes difíciles momentos, a ti e a toda a familia.

Abe, non esquezas nunca a alegría de Bea, ela sempre quererá verte alegre e feliz, como sempre se vos vía a ambos. Parella exemplar e envidiable, sen dúbida!!!.

Bea, loitaches ata o último momento coa enfermidade, sen perder o teu sorriso. Gracias Bea polo teu exemplo de vida!!! Nunca te esqueceremos!!!.

Aínda que o teu corpo xa non teña vida, o teu recordo quedará por sempre en todos os que tivemos o privilexio de coñecerte.

(Velatorio no “Tanatorio San Pelayo” de A Estrada, e posterior enterro o martes 4 de febreiro ás 5 da tarde na intimidade familiar.)

Ánimo familia, e D.E.P. BEA!!!

Nilo Fernández. Responsable do sindicato SPJ-USO en Pontevedra

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Na Xustiza estamos de loito