A historia do rexurdir dun símbolo da Coruña: así se salvou Labase

Fernández Coto firmou a aplaudida rehabilitación do inmoble que acapara as miradas cada verán como sede do Espacio Mahou Coruña

basedos.Imagen del edificio de Labase antes de su remodelación en 1900
Imagen del edificio de Labase antes de su remodelación en 1900

a coruña / la voz

Renace cada verán. O antigo edificio da tenda de Labase, a marca textil creada por Javier Cañás Caramelo, acapara todas as miradas. O inmoble que acolle o Espazo Mahou Coruña, na praza de San Andrés, é un símbolo do modernismo coruñés. O arquitecto Carlos Fernández Coto (A Estrada, 1960), presidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal), foi o responsable da aplaudida rexeneración da obra de Julio Galán.

labase.O traballo de rexeneración ocupou dous anos, nos que houbo que levantar os planos do edificio modernista, cheo de detalles, como as flores dos balcóns, que tiveron que pintar á man sobre papel vexetal co obxectivo de volver ao deseño primixenio de Julio Galán
O traballo de rexeneración ocupou dous anos, nos que houbo que levantar os planos do edificio modernista, cheo de detalles, como as flores dos balcóns, que tiveron que pintar á man sobre papel vexetal co obxectivo de volver ao deseño primixenio de Julio Galán

-Con que se atopou en 1990, cando asumiu a rehabilitación?

-Atopeime cun edificio precioso, pero cun deterioro importante, tanto nas fachadas, pola falta de mantemento durante moitos anos, como no interior. Tiña mesmo alteracións que, na miña opinión, perturbaban a súa esencia e estética, sobre todo, na planta baixa, onde estivera Casa Cabanela, totalmente mutilada. Esnaquizaran a súa composicións cuns enormes escaparates.

-Que antepuxo?

-O que primou foi devolverlle o esplendor que perdera. Deixei a un lado o ego de arquitecto para darlle protagonismo a Julio Galán. É un edificio pequeno, pero que consolida unha esquina e fai cidade. Os exteriores aportan moito á praza e á configuración urbana da Coruña.

-Que quixo proxectar?

-Foi un traballo de cirurxía. Tanto na representación do edifico como na realidade física. No 1990 non tiñamos os recursos informáticos de agora. Debuxouse a man sobre papel vexetal, incluídas as flores dos balcóns. Está cheo de detalles. Non había outra técnica nin programas dixitais. Hoxe sería máis sinxelo.

Deixei a un lado o ego para darlle a Galán o protagonismo
carlos fernandez coto.O arquitecto Carlos Fernández Coto foi  o responsable da rehabilitación encargada en 1990 polo empresario Javier Cañás Caramelo para a tenda de moda Labase
O arquitecto Carlos Fernández Coto foi o responsable da rehabilitación encargada en 1990 polo empresario Javier Cañás Caramelo para a tenda de moda Labase

-Foi un reto arquitectónico?

-O proxecto levou bastantes meses. Case dous anos, e tivo un custe de, aproximadamente, 100 millóns de pesetas. As balconadas, de ferro fundido, enviáronse a un obradoiro onde as mimaron para que volveran ser o que foran.

-Que se cambiou?

-Do edificio orixinal, a parte da planta baixa onde se recuperou a estética proxectada por Julio Galán en 1911, o único que se fixo foi colocar un ascensor. Tamén aseos e instalacións eléctricas e de auga. Adaptalo a 1990. Foi un exercicio de limpeza.

O edificio, que pasou a ser coñecido como Labase, foi tamén a tenda Casa Cabanela. A falta de mantemento e, sobre todo, os cambios feitos na primeira planta alteraran o deseño orixinal que Julio Galán proxectara en 1911
O edificio, que pasou a ser coñecido como Labase, foi tamén a tenda Casa Cabanela. A falta de mantemento e, sobre todo, os cambios feitos na primeira planta alteraran o deseño orixinal que Julio Galán proxectara en 1911

-Como lle gustaría que se conservarse e para que usos?

-Cando recibín o encargo, hai agora case 30 anos, era para que fose unha tenda de roupa, Labase. Como toda a boa arquitectura, pode ser destinado a calquera uso. Alegreime bastante cando souben que ía ser o Espacio Mahou Coruña.

-É un edificio moi querido. Condicionouno máis isto?

-Para min, foi un dos meus proxectos máis importantes na cidade da Coruña, e cunha dobre responsabilidade. Non só como arquitecto que proxecta algo, senón como arquitecto que lle dá unha segunda vida ao que pensou outro arquitecto do talle de Julio Galán. Un dos máis relevantes na cidade e en Galicia.

-Como se preparou?

-Tiven que estudar a súa vida, o seu traballo, para empaparme da súa obra e ver como pensaba e como o recuperaría el. Tratouse de apartar a pegada propia e recuperar o que Galán pensara no seu momento.

DATAS CLAVE

1911-1990. Son as dúas datas que marcaron a vida do inmoble. A primeira, a da súa creación. Unha obra modernista icónica do arquitecto Julio Galán, nacido en Asturias en 1875. A segunda, a da súa recuperación. A volta ao esplendor perdido. Un traballo que asinou Carlos Fernández Coto. A antiga La Base é agora o recinto de Espacio Mahou Coruña

Tiven que estudar a súa vida para ver como pensaba Galán e como recuperaría el o edificio
labase.O edificio agora, trala recuperación encargada a Carlos Fernández Coto
O edificio agora, trala recuperación encargada a Carlos Fernández Coto

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A historia do rexurdir dun símbolo da Coruña: así se salvou Labase