Máis dun milleiro de nenos participaron na carreira pola lingua que percorreu as rúas da vila
22 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Máis dun milleiro de rapaces de todos os colexios e institutos públicos do concello da Estrada e dos IES Chano Piñeiro de Forcarei e Pintor Colmeiro de Silleda botáronse á rúa onte nunha nova edición do Correlingua.
A rapazada percorreu as rúas -os pequenos 650 metros e os maiores 1,7 quilómetros- baixo o lema «O galego é a fórmula». Pancartas reivindicando a lingua e palabras en galego no peito volveron ser a tónica dominante no encontro.
A xornada de convivencia culminou na praza da Feira con intervencións de parte do alumnado e cun concerto de Paulinha.
Para finalizar soltáronse globos con mensaxe. A idea do encontro é presumir de lingua na rúa e facer chegar a mensaxe do galego o máis lonxe posible.