Vagalumes comeza dúas xornadas de lembranza ao profesor Antonio Fraguas


a estrada / la voz

A Asociación Vagalumes comeza hoxe xoves dúas xornadas de lembranza de Antonio Fraguas, a quen mañá se adica o Día das Letras Galegas, unha figura coa que «na Estrada temos unha enorme débeda que transcende a súa obra e que ten ver coa súa presenza no noso concello en anos decisivos e que deixou unha profunda pegada no seu alumnado». Principian desde xeito coa proxección esta tarde ?20.30 horas, Minicines Central? do documental A derradeira lección do mestre, que trata sobre a historia do ensino no concello estradense, prestando atención ao labor de Fraguas como profesor do instituto e as consecuencias que para el tivo o seu compromiso político co nacionalismo galego. A entrada é libre e gratuita pola xenerosidade da empresa, xesto que agradece o colectivo.

Por outra banda, mañá venres terá lugar o roteiro Fraguas da mámoa do Arnado ao castro de Ribela. Vagalumes propón seguir os pasos de Fraguas, partindo ás 17 horas da mámoa do Arnado pola «carreteira da pistola», ponte de Leira até o castro de Ribela, que no seu día fora escavado, xunto cos seus alumnos, polo profesor homenaxeado. O roteiro ten menos de catro quilómetros «pero servirá para lembrar as actividades e o contexto da presenza de Antonio Fraguas no noso concello».

Ademais, tamén mañá a partir das 20.30 horas no MOME presentarase a publicación «Antonio Fraguas, documentar o pasado para termos un futuro galego», coa intervención do seu coordinador Manuel Vilar, secretario do Museo do Pobo Galego, un monográfico do semanario Sermos Galiza que conta entre os seus colaboradores con Xoán Carlos Garrido.

Antonio Fraguas ten recibido na Estrada a homenaxe dos seus alumnos; tamén da Asociación Cultural A Estrada, que organizou un acto de reparación coa presenza dunha nova xeración de historiadores no que seu deu conta da súa importante achega para o noso autocoñecemento; e finalmente a Asociación Cultural O Brado fíxolle entrega no seu día do premio San Martiño á defensa da lingua e cultura galegas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Vagalumes comeza dúas xornadas de lembranza ao profesor Antonio Fraguas