A Estrada dá a súa mellor colleita de microliteratura

r. g. A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

cedida

Elixen aos 61 mozos gañadores dos premios de micropoesía e relato nunha edición cun alto nivel creativo

27 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concurso de micropoemas e Microrrelatos dos centros de ensino da Estrada acadou na súa sexta edición o maior nivel creativo e lingüístico, ademais dunha extraordinaria participación. O xurado tivo que facer unha preselección entre todo os traballos presentados. Non o tivo fácil para elixir aos 200 finalistas e menos aínda para determinar os gañadores das distintas categorías.

No concurso de micropoemas -que tiñan que incluír a palabra «serán»- os gañadores foron os seguintes. Na categoría A1 (primeiro e segundo de Primaria), Lara Pena Gálvez (CEIP Cabada Vázquez), Catalina Álvarez Rosende (Figueiroa), Lía Rey Gómez (Villar Paramá), Xiana Bouzón García (Oca), Daniela Porto Fernández (O Foxo), Carlota Otero Rodríguez (Pérez Viondi) e Catuxa Temes Diéguez (Lourdes). Na categoría A2 (terceiro e cuarto de Primaria) impuxéronse Germán Prado Cacheda, Julia Sinde Calviño, Martín Seoane Duro, Fabiola Valiña Sainz, Óscar Paz Pedreira, Estela Riera Vázquez e Iria Martín Basanta.

Outras categorías

Entretanto, na categoría A3 (quinto e sexto de Primaria) foron Carla Prado Cacheda, Lara Rey Rosende, Breixo Fernández Picallo, Fabián Couto Caramés, Sara Espiño Vaamonde, Iago Durán Castro e Celia Otero Mosquera. Na categoría B1 (primeiro e segundo de Secundaria) gañaron Natalia Fuentes Mosquera, Hiba Lajouad Dyani, Carlota Torrado De Miranda e Eva Cobas Iglesias. Na B2 (terceiro e cuarto de Secundaria, FPB e ciclos medios) impuxéronse Noel Pazos Pereira, Uxía Correa Iglesias e María Ribadavia Uzal e na C2 (bacharelato e ciclos superiores) as gañadoras foron Ainoa Carracedo Flores e Celia Astorga Herraiz.

No concurso de microrrelatos coa palabra «lenda», os gañadores das diferentes categorías son: Mateo Troitiño Raposeiras, Manuel Rodríguez Rajoy, Marcos Souto Riveira, Marta Mahía Fernández, Mauro Ferro Rey, Amara Riveira Rodríguez, Carmen Rey Alonso, Samuel García Otero, Hugo Iglesias Isla, Víctor Riveira Castro, Alba Moimenta Brey, Saúl López Muíños, Marcos López López, Helena Miranda Iglesias, Marco Vázquez Soto, Antón Payno Míguez, Daniel Míguez García, Carla Otero Cabaleiro, Adriana Orosa Fernández, Carla Campos Valcárcel, Nicolás Moure González, Daniela Torres Romero, José Sangiao Tosar, Ángela Caeiro Canabal, Alejandro Barcala Iglesias, Nicolás Otero Mosquera, Rodrigo Brey Couto, Saleta Lueiro Pereira, Yassine Ani, Marta Pampín López e Telmo Leira Loureiro.

A entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores será a principios de xuño, na Festa das Palabras.