Sesto, á reelección como presidente da Coral de Lalín

amelia ferreiroa

A ESTRADA

rober amado

24 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación Cultural Coral Polifónica de Lalín celebrará o vindeiro día 26, martes, asemblea extraordinaria no auditorio ás 21 horas cun único asunto a tratar; a elección da nova xunta directiva, á que se presenta unha soa candidatura encabezada polo actual presidente Francisco Sesto.

Unha vez rematou o prazo para que se presentasen opcións encamiñadas a facerse cargo do colectivo só se rexistrou a proposta do actual presidente, que figura acompañado por Alejandro Piñeiro como vicepresidente, María José Sixto en calidade de tesoureira, secretaria Elba González e Juan Carlos Saco se mantería como vogal. Sesto inclúe dous novos vogais: Katia Procino e Isabel Couso, nunha candidatura que terá que ser avaliada polos socios. Por outra banda os coros Luís Areán e Xoven Voz serán os encargados de amenizar a parte musical na entrega dos premios Maruja Gutiérrez, que convocou o concello, e que se entregarán o próximo día 8 de marzo no Museo Municipal. Para o coro Xoven Voz dita actuación será o seu pre-estreo ante o público.