Ana Cabaleiro recolle o García Barros cun alegato polo rural

Critica o uso vil do galego como arma e aplaude o certame


a estrada / la voz

A escritora Ana Cabaleiro (Silleda, 1974) retornou onte ó seu primeiro fogar profesional para recoller no Teatro Principal o premio Manuel García Barros. A autora lembrou os seus inicios profesionais na emisora municipal da Estrada -onde dixo que máis ca dun equipo chegou a formar parte dunha familia- e destacou a novela gañadora, As Ramonas, como unha historia con raíces no rural que ven constituir unha sorte de homenaxe a Manuel García Barros no trinta aniversario do premio de novela que leva o seu nome. A escritora defendeu o rural como reserva de autenticide. «Neste tempo de globalización, de consumismo voraz, de apariencias e de uniformidade, quedamos aínda moitas persoas que pensamos que a nosa contorna, o local, o familiar, o propio, é en verdade a nosa riqueza», dixo.

Ana Cabaleiro destacou que, nos trinta anos de historia do certame literario, esta é só a terceira vez que unha muller acada o premio. Aproveitou para facer un chamamento «para que entre todas e todos pulemos por conformar xurados sempre o máis paritarios posibles para que as voces da literatura galega sexan cada vez máis diversas, máis plurais e máis inclusivas».

A autora tamén tivo unha crítica para «o uso vil do galego como arma política» e unha felicitación para todos os gobernos do Concello da Estrada «por non permitir que nin os recortes, nin a crise nin ningunha outra continxencia botase abaixo este galardón».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Ana Cabaleiro recolle o García Barros cun alegato polo rural