Abren a presentación de artigos ao Reimóndez Portela


A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada ven de convocar a vixésimo terceira edición do premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela. O premio outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos -ata un máximo de cinco- publicados en lingua galega en calquera medio de comunicación escrita.

Á convocatoria poderanse presentar traballos publicados ata o día 31 de agosto do 2018. O prazo de recepción rematará o 3 de setembro deste ano. Os traballos a concurso poderán ser remitidos tanto polos propios autores como por calquera lector, enviando un exemplar no que conste a data de publicación, o autor e o medio á sede da Fundación ou ao enderezo fecae@feiradomoble.com.

O premio está dotado con 1.000 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Abren a presentación de artigos ao Reimóndez Portela