Cimadevila: «A fala debería ser sempre para acercarnos»

rocío garcía A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

MIGUEL SOUTO

O pintor protagonizou na Estrada un pregón das Letras Galegas cunha mensaxe en contra das loitas idiomáticas

18 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A alameda da Estrada voltou a se converter onte en punto neurálxico da celebración do Día das Letras Galegas. O pintor Ramiro Cimadevila foi desta vez o encargado de pronunciar o pregón, no que avogou por unha fala libre e sen imposicións. «Nadie debe impoñer un idioma. A fala debería ser sempre para entendernos e acercarnos e non para separarnos», dixo. «Xuntiños temos menos frío. Todo o que sexa illarnos uns dos outros, a min non me cadra», comentou.

Ramiro Cimadevila foi introducido por Xosé Lueiro, que falou da historia do amor co galego de María Victoria Moreno -a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas- e que, do pregoeiro, destacou que «o seu compromiso co pincel non é posible entendelo sen o seu compromiso coa lingua e coa cultura galega».

Cimadevila -que o 2 de xuño inaugura unha mostra de pintura na sala Abanca- arrancou o pregón falando da importancia da dedicatoria do 17 de maio a María Victoria Moreno. Por dúas razóns: por ser muller -a cuarta á que se lle dedica o día despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño- e por converter o galego na súa lingua de vida e de literatura sendo de orixe estremeña.