A poesía de Luna faise música na Estrada con Manoele de Felisa

O Principal acolle esta noite o concerto de presentación do libro-disco forxado cóbado a cóbado polos dous artistas


A poesía do escritor e mestre estradense Xosé Luna e a música do cuntiense Manoele de Felisa confabularanse hoxe no teatro Principal da Estrada para arrastrar ao público por un universo de intimidades poéticas. Será no concerto de presentación do libro-disco A Estrada da Vida. É o limiar dunha xira que xa ten citas concertadas no Pico Sacro, en Rianxo ou en Cuntis e que se tentará ampliar coa divulgación do deuvedé que se gravará en directo no concerto da Estrada. O evento será ás 21.00 horas, con entrada libre.

O proxecto foi presentado onte no Concello da Estrada nun acto con presenza de todos os colaboradores. Segundo destacou Xosé Luna, trátase dun traballo «de marcado carácter biográfico» que, entre os vinte poemarios editados por Xosé Luna, elixe catorce poemas e fragmentos de prosa poética para convertelos en pezas musicadas por Manoele de Felisa. «Recrea o universo íntimo dun rapaz de 51 anos que naceu no barrio de Bedelle», conta Luna. «É a ledicia de vivir, co sal e a pementa da vida», resume. «É tamén unha lembranza musical para todos os seres queridos que se foron e unha homenaxe a Olimpio Arca, a Paco Lareo ou a Neira Vilas», indica.

Luna agarda que o proxecto literario-musical viaxe moito e «cruce o charco» grazas á voz «profunda, doce e reivindicativa» de Manoele de Felisa. Para o músico -que co grupo Limón acaba de recibir o Premio Galego da Música- é o sétimo traballo. Defensor impenitente da música en galego, Manoele espera que no concerto de hoxe aboie toda a emoción que vai no proxecto.

O libro-disco conta con ilustracións en estilo pop de Amalia López Brea, Luchi.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A poesía de Luna faise música na Estrada con Manoele de Felisa